GAIN Axencia Galega de Innovación is rated 3 out of 5 in the category government administration. Read and write reviews about GAIN Axencia Galega de Innovación. A Axencia Galega de Innovación (GAIN) é a entidade da Xunta de Galicia responsable de apoiar ás empresas galegas a ser máis competitivas e a impulsar o seu crecemento sobre bases sólidas e sostibles no tempo, a través da innovación e dun espírito empresarial creativo. Os nosos obxectivos son: 1 Liderar as políticas de innovación das Administracións públicas galegas. 2 Definir e desenvolver as políticas públicas que permitan ás empresas e ao resto de axentes, o desenvolvemento de iniciativas de innovación construídas a partir de coñecementos que incrementen a súa competitividade e fomenten o seu crecemento. 3 Definir e desenvolver as políticas públicas orientadas á valorización do coñecemento desenvolvido por empresas, universidades e centros de investigación de Galicia. 4 Definir e desenvolver as políticas públicas dirixidas a incrementar a eficiencia en resultados do sistema galego de innovación, coa implantación dun sistema de indicadores de impacto contrastable. 5 Estimular a estruturación e consolidación do sistema galego de I+D+i. 6 Fomentar a investigación e o desenvolvemento científico e tecnolóxico. 7 Promover as relacións de colaboración entre os distintos axentes do Sistema Galego de Innovación. 8 Promover a progresiva internacionalización dos axentes e das iniciativas de innovación impulsando a presenza de empresas nos programas europeos de innovación e o acceso a fondos de financiamento internacionais. 9 Definir e desenvolver políticas públicas dirixidas á captación e xestión do talento. 10 Coordinar os recursos autonómicos no ámbito da I+D+i e concertalos coas atribución de plans estatais e fondos da Unión Europea. 11 Favorecer a transferencia de coñecemento e tecnoloxía entre os diferentes agentes e entre os organismos públicos de investigación e as empresas. 12 Apoiar a promoción e divulgación do coñecemento científico e tecnolóxico, promovendo o interese da sociedade pola investigación, o desenvolvemento e a innovación.
Address
Rúa de Airas Nunes, s/n
Company size
51-200 employees
Headquarters
Santiago de Compostela