LACES Economía Social - Industria 4 is rated 3 out of 5 in the category government administration. Read and write reviews about LACES Economía Social - Industria 4. O proxecto LACES – Laboratorios de Apoio á Creación de Emprego e Empresas de Economía Social, cofinanciado a 75% polo FEDER no ámbito do programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, esta dirixido a empresas e emprendedores da economía social que desexen obter apoio e consello nos seus procesos de creación, modernización e crecemento. O proxecto ten como fin contribuír ao desenvolvemento e consolidación da economía social na eurorrexión Galiza-Norte de Portugal tendo como obxectivo proporcionar un salto cuantitativo na súa capacidade de xerar e consolidar emprego a través da execución de programas piloto para a competitividade e estímular ás empresas de economía social no espazo transfronteirizo. O proxecto actuará como fonte de coñecemento e innovación para conseguir modernizar as estratexias de promoción e apoio a esta economía solidaria e colaborativa, favorecendo a consolidación e a creación de empresas e empregos de calidade na euro-rexión. Son entidades socias do proxecto a Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia , a Universidade de Santiago de Compostela, UTAD (Universidade de Tras-os-Montes e Alto Douro), TecMinho (Interface da Universidade do Miño), Santo Tirso, In.Cubo (Incubadora de Iniciativas Empresariais Innovadoras) e as asociacións de economía social de Galicia EspazoCoop, Agaca e Aesgal. No ámbito do proxecto LACES as entidades socias do proxecto dinamizan un conxunto de oito canles de divulgación temáticos, do cal esta páxina é parte integrante, co obxectivo de promover a Economía Social na Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal e as iniciativas e oportunidades de negocio en cada un dos oito sectores considerados, aliñados coas orientacións das RIS3 – Estratexia de Investigación e Innovación para unha Especialización Intelixente da Euro-rexión, Galiza e Norte de Portugal.
Company size
10,001+ employees
Headquarters
Santiago de Compostela, A Coruña