PuntoGal is rated 3 out of 5 in the category information technology and services. Read and write reviews about PuntoGal. Puntogal é o dominio de primeiro nivel en internet de Galicia. No marco da actual sociedade da información o que non está en Internet non existe. A comunidade galega no mundo, con máis de 4 millóns de persoas, a nosa lingua e a nosa cultura precisan dunha marca propia coa que identificar todos os contidos que xeramos na Rede e, así, facernos máis visibles dentro deste espazo de comunicación global. O .gal é o dominio que nos corresponde como comunidade con fortes vencellos lingüísticos, culturais, históricos, sociais... unha especie de sufixo co que identificar en Internet as páxinas escritas en galego e que se dirixan á sociedade galega nas súas comunicacións en liña que, tendo en conta a nosa dispersión no mundo, non se circunscriba a un ámbito territorial concreto. Tecnicamente viable e económica, social, lingüística e culturalmente rendible, o .gal encádrase nos dominios de primeiro nivel esponsorizados. O dominio é xestionado pola Asociación Puntogal e os ingresos económicos que se produzan pola actividade do dominio servirán para o mantemento do propio dominio e no caso de producírense beneficios estes serán investidos no fomento da lingua e cultura galega dentro do ámbito das novas tecnoloxías.
Address
Apartado de Correos 55
Company size
1-10 employees
Headquarters
Santiago de Compostela, Galiza